jueves, 10 de enero de 2008

Día 26


Hoxe almorcei pola mañá, e a verdade que foi moi interesante. Estaba eu untando unha inxente cantidade de manteiga na miña deliciosa torrada cando un intrépido mosquito coouse pola fiestra. Lanzoume unha mirada amenazadora e despois desviou o seu rumbo cara ao brazo da miña irmá, que lle propinou un lapote. O valente mosquito, soltou un suspiro e dixo: Que pena deixar este mundo, sen probar as pipas facundo. Despois funme ao xardín a xogar ao fútbol e o resto do día transcorreu de forma normal e ordenada.

No hay comentarios: